Oliver Friggieri
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de marzo de 1947 Floriana, Malta (pt) |
Morte | 21 de novembro de 2020 (73 anos) |
Educación | Universidade de Malta |
Actividade | |
Lugar de traballo | Malta |
Ocupación | escritor, profesor universitario, tradutor literario, crítico literario, poeta, tradutor |
Empregador | Universidade de Malta |
Oliver Friggieri, nado en Furjana o 27 de marzo de 1947 e finado o 21 de novembro de 2020,[1] foi un profesor, escritor e crítico literario maltés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na súa localidade natal, no seminario de Malta, onde coincidiu con Albert Marshall e Louis Galea, e tras deixar o seminario graduouse en maltés, italiano e filosofía na Universidade de Malta. Doutorouse en 1978 na Universidade Católica do Sagrado Corazón de Milán en literatura maltesa e crítica comparada coas teses La cultura italiana a Malta: storia e influenza letteraria e stilistica attraverso l’opera di Dun Karm e La Cultura Italiana del Romanticismo e la Poesia Maltese que se publicaron como libros en Italia. Foi secretario do movemento de renovación literaria Qawmien Letterarju (1970-71), membro do consello editorial da revista literaria Il-Polz (1969-73) e o seu editor (1974-75), membro fundador da revista literaria e cultural infantil Is-Sagħtar en 1971 e do seu consello editorial (1971- ), colaborou na fundación en 1971 da editorial Klabb Kotba Malti e foi editor do Journal of Maltese Studies (1980- ). Profesionalmente traballou como profesor de maltés e filosofía en educación secundaria (1968-75) e dende 1976 foi docente na Universidade de Malta e a partir de 1990 foi profesor titular de literatura maltesa.
Actividade literaria
[editar | editar a fonte]Friggieri é o autor dun gran número de libros de diversos xéneros publicados en Malta mais tamén noutros países. As súas novelas, relatos e poemas traducíronse a diversas linguas: inglés, italiano, francés, macedonio, esloveno, serbo-croata, grego, romanés, árabe, bengalí, urdú, ruso. Os temas recorrentes da súa obra literaria son filosóficos e relixiosos[2]. Especializado en literatura maltesa oss seus estudos, en inglés e italiano, apareceron en diversas revistas académicas e en maltés publicou diversos libros de crítica literaria e sobre a literatura maltesa, e é un experto na obra do considerado poeta nacional, Dun Karm. Traduciu ao maltés obras dende o latín, inglés e italiano.
Obras
[editar | editar a fonte]Dicionario
[editar | editar a fonte]- Dizzjunarju ta' Termini Letterarji,, (1996) constitúe un dicionario de termos literarios e un auténtico manual de literatura maltesa[3]
Coleccións de contos
[editar | editar a fonte]- Stejjer Għal Qabel Jidlam (1986)
- Fil-Gżira Taparsi Jikbru l-Fjuri (1991)
Novelas
[editar | editar a fonte]- Il-Gidba (1977)
- L-Istramb (1980)
- Fil-Parlament ma Jikbrux Fjuri (1986) novela política que provocou unha gran controversia.
- Ġiżimin li Qatt ma Jiftaħ (1998)
- It-Tfal Jiġu bil-Vapuri (2000) triloxía:
- La Jibbnazza Niġi Lura (2006)
- Dik id-Dgħajsa f’Nofs il-Port (2011)
Poesía
[editar | editar a fonte]- Oliver Friggieri: Il-Poeżiji Miġbura (2002). Recolle a súa produción poética
Oratorios
[editar | editar a fonte]- Pawlu ta' Malta (1985). É o primeiro oratorio en lingua maltesa[4]
- Dun Ġorġ (2001)
Cantatas
[editar | editar a fonte]- L-Għanja ta' Malta (1989)
- Ħodon Fjuri lil San Publju (2010)
Autobiografía
[editar | editar a fonte]- Fjuri li ma jinxfux, Tifkiriet 1955-1990 (2008)
Crítica literaria
[editar | editar a fonte]- Kittieba ta’ Żmienna, 1970
- Ir-Ruħ fil-Kelma, 1973,
- Il-Kultura Taljana f'Dun Karm, 1976
- Fl-Għarbiel, 1976
- Mekkaniżmi Metaforiċi f'Dun Karm, 1978
- Storja tal-Letteratura Maltija, I, 1979
- Saġġi Kritiċi, 1979
- Ellul Mercer fLeli ta' Ħaż-Żgħir' - Mir-Realtà għall-Kuxjenza, 1983
- Ġwann Mamo - Il-Kittieb tar-Riforma Soċjali, 1984
- L-Idea tal-Letteratura, Bugelli, 1986
- Dun Karm - Il-Jien u Lil hinn Minnu, T. Cortis, 1988
- Dun Karm, 1989
- Saggi sulla letteratura maltese, 1989
- Il-Kuxjenza Nazzjonali Maltija, 1995
- L-Istudji Kritiċi Miġbura I, con Victor Fenech, 1995
- L-Istorja tal-Poeżija Maltija, Pubblikazzjonijiet Indipendenza, 2001
- Rużar Briffa - L-Aħħar Poeżiji u Taħdita Letterarja, 1974
- Dun Karm - Il-Poeżiji Miġbura, 1980
- Rużar Briffa - Il-Poeżiji Miġbura, 1983
- Dun Karm - Le poesie italiane, 2007
- Ġan Anton Vassallo – Il-Poeżiji, 2013
Biografía literaria
[editar | editar a fonte]- Dun Karm - il-Bniedem fil-Poeta, 1980
- Il-Ħajja ta' Rużar Briffa, 1984
Antoloxías
[editar | editar a fonte]- Il-Ktieb tal-Poeżija Maltija, I, Testi Magħżula u Miġbura bi Studju Kritiku, 1987 (colleita e estudo crítico dos poetas pioneiros en maltés)
- Il-Ktieb tal-Poeżija Maltija, II, Testi Magħżula u Miġbura bi Studju Kritiku, 1987 (colleita e estudo crítico dos poetas malteses do XIX e XX)
- Il-Poeżija Maltija, 1996
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oliver Friggieri, a giant of Maltese literature, dies aged 73". Times of Malta. 21 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2020.
- ↑ Eugene Benson, L.W. Conolly (2004) Encyclopedia of Post-Colonial Literatures in English Routledge, p. 552
- ↑ Steven R. Serafin (1999) Encyclopedia of World literature in the Twentieth Century, I-IV, 3ed. St James Press:Michigan, 1999 (Oliver Friggieri see vol. II, p. 175)
- ↑ "Pawlu ta’ Malta". Malta Philarmonic Orchestra